

BENVIDA
OBXECTIVOS
TORNEO
- Regulamento
- Bases
- Descargas
- Xuíces
- Participantes
CONSELLOS
- Como formar equipo
- Organización do debate
- O debate
- A Investigación
- Oratoria

Se desexas descargar o documento completo, preme nalgún dos seguintes enlaces:
Regulamento.doc
Regulamento.pdf
..............................................................
INDICE DO REGULAMENTO
1.- Finalidade do Regulamento
2.- Organización da Liga de Debate
3.- Normativa
4.- Participación
5.- A Sala de Debate
6.- Persoal auxiliar
7.- Xuíces
8.- Procedemento da Competición
9.- Temas de debate
10.- O debate
11.- Sistema de Competición e puntuación
12.- Reclamacións
13.- Premios............................................................
1. FINALIDADE DO REGULAMENTO:
O presente regulamento será a norma básica pola que se rexerá esta primeira Liga de Debate.
2. ORGANIZACIÓN DA LIGA DE DEBATE:
A Liga de Debate convócaa a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, a través da súa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, sendo tamén organizadores da mesma.
Entre as funcións da Organización referentes ao apartado de “Competición” atópanse:
3. NORMATIVA:
A Liga de Debate rexerase pola seguinte normativa:
Por motivos de forza maior, ou por decisión xustificada da Organización, poderán establecerse excepcións en canto ao establecido neste Regulamento.
Os equipos afectados por posibles cambios serán avisados con tempo suficiente a través dun comunicado da Organización.
A Organización da Liga de Debate resérvase o dereito de utilizar o nome e a imaxe dos participantes no relativo ao desenvolvemento da competición con finalidade publicitaria.
4. PARTICIPACIÓN:
4.1. INSTITUTOS E CENTROS DE ENSINO:
Poderán participar na competición todos os Institutos de Educación Secundaria e centros de ensino galegos.
4.2. PRAZAS:
Nesta primeira edición da Liga de Debate poderán inscribirse un total de 24 equipos. As prazas cubriranse por orde de inscrición e de existir un maior número de inscricións, daráselle a praza aos seis primeiros centros inscritos de cada provincia, completándose desta maneira as 24 prazas.
4.3. EQUIPOS:
4.3.1. Número de equipos por centro:
Cada centro poderá inscribir como máximo dous equipos, pero no caso de que as inscricións excedan o número de prazas ofertadas, finalmente só poderán inscribir un equipo.
4.3.2. Composición dos equipos:
O equipo de debate está composto por catro membros que debaten e o capitán.
Dos catro membros, dous actuarán coma oradores e dous coma investigadores. Estas funcións poderán variar dun debate a outro. En cada debate será imprescindible a presenza dun mínimo de dous oradores e o capitán para a celebración do debate. Polo tanto, tamén poderán inscribirse equipos compostos como mínimo, de capitán e dous oradores.
É requisito indispensable que os equipos sexan mixtos, contando con representación de ambos sexos. Na composición dos equipos garantirase a paridade, de xeito que a diferenza entre ambos sexos non sexa superior a un.
O equipo representa ao centro e por iso deberá estar formado por alumnos matriculados nel.
4.3.3. Os membros dos equipos:
Poderá participar na Liga de Debate o alumnado matriculado nos Institutos e Centros de Ensino galegos e pertencente aos cursos de 1º ou 2º de bacharelato.
4.3.4. O capitán:
Actuará como asesor e preparador do equipo e será o seu representante fronte a Organización da Liga de Debate. A elección e designación desta figura dependerá do Centro de Ensino.
Poderá ser un profesor en activo, ou PAS.
4.3.5. Indumentaria:
Os equipos decidirán con liberdade ir uniformados ou non. En calquera caso, todos os compoñentes do equipo deberán vestir apropiadamente considerando as características da competición (trátase dunha comparecencia en público e estase representando a un Centro educativo). Se o Xurado ou a Organización consideran pouco apropiada a indumentaria dalgún dos participantes, comunicaráselle ao capitán do equipo correspondente antes do inicio do debate para que actúe en consecuencia.
Os equipos poderán levar no seu vestiario publicidade discreta do centro que representen, permitindo neste sentido, que os centros que utilicen uniforme poidan facer uso del.
Este será o único tipo de publicidade permitida aos equipos durante a competición.
4.4. INSCRICIÓN:
Cada centro deberá comunicar por vía telefónica nos teléfonos que se indiquen nas Bases de cada edición da liga de debate, a súa intención de participar.
Unha vez que a organización lle confirme praza para competir no torneo, deberán adxuntar dous documentos:
Con esa Folla de Composición do Equipo deberase engadir a seguinte documentación:
A Folla de Inscrición do Centro e a Folla de Competición de Equipo serán publicados na páxina web do torneo para a súa descarga, e deberán ser remitidos á Organización da Liga de Debate nos prazos establecidos nas Bases de cada edición. Só terán validez se contan co selo do Centro de Ensino e coa firma dun responsable do mesmo.
4.4.1. Cambios:
Permitirase realizar cambios con respecto aos compoñentes especificados no Boletín de Composición de Equipos ata unha semana antes do inicio da competición. A posteriori non estará permitido realizar ningún cambio.
En canto ao capitán, permitirase a súa substitución sempre e cando sexa por causa xustificada.
5. A SALA DE DEBATE
Todas as salas contarán con:
En ningún debate poderá aparecer dentro da sala, publicidade ningunha, agás a permitida pola Organización.
Durante a celebración dos debates non será posible saír nin entrar da sala mentres un orador estea falando; tampouco será posible utilizar en ningún momento os teléfonos móbiles.
Cada debate contará con persoal auxiliar encargado de activar o cronómetro en cada intervención, e de avisar ao orador cando lle quede un minuto de tempo para terminar.
7. XUÍCES:
7.1. COMPOSICIÓN DO XURADO:
Todos os xurados estarán formados por:
En cada un dos debates todos os xuíces deberán puntuar aos dous equipos.
A lista de xuíces será publicada na páxina web da Liga de Debate.
Os xuíces serán escollidos e designados pola organización, tendo como criterio de selección a súa experiencia no eido do debate de competición ou a súa formación e experiencia académica en actividades relacionadas coa oratoria, a comunicación, a lóxica, etc.
Todos os xuíces recibirán un curso de formación previo para unha maior uniformidade nos criterios de valoración dos debates.
7.2. O XUÍZ PRINCIPAL:
En cada debate haberá un xuíz responsable de que se cumpra o regulamento. Encargarase tamén de recoller as observacións que fagan os participantes a este respecto. Será o moderador do debate, deberá presentar aos equipos, realizar o sorteo de posturas, e dalo a coñecer ao público.
Tomará as decisións de expulsión ou descualificación por penalizacións colexiadamente co resto de xuíces presentes no xurado. Esta decisión deberá ser comunicada ao Xefe da Competición.
7.3. O XEFE DA COMPETICIÓN:
En cada edición da Liga de Debate nomearase un Xefe de Competición, cuxo nome se fará público na páxina web do torneo.
As súas funcións serán:
7.4. O COMITÉ DE COMPETICIÓN:
Estará composto polo Xefe de Competición, un xuíz designado pola organización antes da competición e un representante da Organización do Torneo.
As súas funcións serán:
7.5. O XEFE DE XUÍCES:
Será a persoa encargada de:
8. PROCEDEMENTO DA COMPETICIÓN:
A competición constará dunha Fase Preliminar (grupos) e dunha Fase Final (cadro).
8.1. FASE PRELIMINAR
O procedemento polo que se desenvolverá esta fase e o número de debates que se disputen nela dependerán do número de equipos inscritos. Estableceranse no Sistema de Competición de cada edición, que se publicará na páxina web do torneo.
Os mellores equipos clasificaranse para a Fase Final.
8.2. FASE FINAL
Os equipos clasificados na Fase Preliminar emparellaranse nun cadro de eliminatoria directa a un único debate.
O número de roldas desta fase establecerase no Sistema de Competición de cada edición da Liga de Debate.
9. TEMAS DE DEBATE:
Os debates sempre versarán sobre temas controvertidos e de actualidade. Consistirán nunha pregunta ou afirmación que dea lugar a posturas opostas, cada unha das cales será defendida por un equipo.
A Organización elixirá o tema para a competición e este farase público nas datas especificadas nas Bases de cada edición.
10. O DEBATE:
10.1. IDIOMA:
Todos os debates realizaranse en lingua galega.
10.2.CONTENDENTES:
Nos debates enfrontaranse dous equipos, formado cada un deles por un máximo de catro membros e un mínimo de dous. Ademais é indispensable a presenza dun capitán.
Entre os membros do equipo escolleranse dous oradores que realizarán as intervencións retóricas nas súas diferentes quendas: exposición inicial, refutacións e conclusións. Será decisión do equipo o seu modo de intervención, pero sempre participarán dous oradores en cada debate.
O capitán entregará ao Xuíz Principal un escrito (Folla de Equipo) cos nomes dos membros do equipo, especificando a función de cada un deles (os dous oradores e o/os investigadores), antes de empezar cada debate. As Follas de Equipo de ambos equipos serán engadidas ás actas ao final do debate.
A composición do equipo e a designación de oradores e investigadores poderá variar dun debate a outro. O equipo que presente un equipo diferente do notificado aos xuíces poderá ser penalizado coa anulación dese debate.
O capitán situarase na sala de debate, durante o transcurso do mesmo, cerca do seu equipo.
O capitán poderá comunicarse co seu equipo ou este con el por medio de notas escritas, ou ben verbalmente sen que en ningún momento se entorpeza a marcha normal do debate e sen molestar aos oradores.
10.3. POSTURAS A ADOPTAR:
Nos debates, os equipos participantes defenderán posturas opostas: un equipo defenderá a postura A FAVOR e o outro, a postura EN CONTRA.
Durante toda a competición, a postura a adoptar por cada equipo decidirase por sorteo minutos antes do comezo do debate.
Este sorteo será levado a cabo polo Xuíz Principal do debate, en presenza dos capitáns dos equipos participantes.
10.4. PROCEDEMENTO DO DEBATE:
A postura a favor será a que comece o debate. As quendas de participación dos equipos durante os debates seguirán esta orde:
Duración Total do Debate: 36 minutos.
10.5. INTERPELACIÓNS:
Calquera membro do equipo titular, sexa orador ou investigador, poderá levantar a man para interpelar a un orador do equipo contrario durante a súa exposición, coa intención de realizar observacións, preguntas ou comentarios.
Durante a exposición inicial e as conclusións, os oradores non poderán ser interrompidos. As interpelacións só poderán realizarse nas quendas de refutación.
Tampouco será posible realizar interpelacións durante o último minuto da intervención do refutador, xa que é o denominado “minuto protexido”.
O orador–refutador contará con liberdade para conceder a palabra e para responder ou non. O cronómetro non se parará, así que tanto a interpelación (que non poderá durar máis de 15 segundos) como a resposta, contarán como tempo de intervención do orador.
10.6. MATERIAL UTILIZADO EN CADA DEBATE:
10.6.1. Material complementario.
Para complementar a súa exposición oral, os equipos poderán utilizar o material que consideren necesario, sempre e cando se axuste ás dispoñibilidades técnicas da sala de debate. Ditas dispoñibilidades serán comunicadas aos equipos con antelación.
O tempo non se parará en ningún caso pola utilización de material de apoio, isto é: as transparencias, as diapositivas, os vídeos, etc... contarán como tempo de intervención.
10.6.2. Notas:
Durante as exposicións os oradores poderán recibir apoio do seu equipo en forma de notas. Ningún dos compoñentes do equipo poderá levantarse e dirixirse ao atril, senón que será sempre o orador o que se acerque á mesa.
En ningún caso os compoñentes do equipo ou do xurado poderán recibir información do público asistente na sala durante o debate.
10.6.3. Relación de evidencias:
Os equipos deben dispoñer durante o debate de evidencias de todos os datos conseguidos na investigación. Así, se o equipo contrario solicita a verificación dun dato durante o debate, deberán demostrar a súa autenticidade no acto.
Se esa evidencia non se atopa na documentación de que dispón o equipo e non consegue atopala polos seus propios medios, quedará a criterio do xurado a consideración dese dato como falso.
11. SISTEMA DE COMPETICIÓN E PUNTUACIÓN.
11.1 VALORACIÓN DOS XUÍCES
O xurado decidirá en cada debate cal foi o equipo que defendeu con máis solvencia a súa tese, e iso será posto por escrito na acta de debate. Para isto, cada xuíz deberá cumprimentar un escrito, que lle será entregado previamente e que formará parte da acta, e na que encontrará os criterios ou ítems nos que baseará a súa decisión, decidindo así, cal foi o equipo que cumpriu mellor cada un deles. Estes serán os criterios de valoración:
1. Capacidade de argumentación e razoamento.
2. Evidencias achegadas e rigor das mesmas: estudo do tema.
3. A súa tese responde á pregunta do debate.
4.Capacidade de improvisación tanto na formulación coma na resposta ás interpelacións durante o debate (orixinalidade e pertinencia).
5. Manexo do espazo e do tempo.
6. Capacidade de manexo de evidencias e datos con soltura e rapidez.
7. Expresividade e calidade do discurso: capacidade de oratoria.
8. Linguaxe variada e apropiada.
9. Contundencia e seguridade persoal.
10. Capacidade de traballo en equipo: sincronización.
11. Uso apropiado do material de apoio.
12. Actitude do equipo.
13. Actitude dos oradores.
Unha vez rematado o debate sumaranse os ítems de cada xuíz e restaranse os que procedan de sancións, e obterase así o veredicto do Xurado.
11.2. RÉXIME DISCIPLINARIO.
Toda sanción imposta deberá ser rexistrada na acta de debate correspondente.
11.2.1. Avisos: Trátase simplemente dunha advertencia oral, que realizará o Xuíz Principal polas seguintes causas:
11.2.2. Faltas leves: A realización por parte dun equipo dunha falta leve suporá a perda de tres ítems na valoración feita polo Xurado nese debate.
Considéranse faltas leves:
11.2.3. Faltas graves: Unha falta grave suporá que o equipo perda o debate no que se produza a falta.
Considéranse faltas graves:
Durante o debate O Xuíz Principal poderá realizar observacións en relación ao desenvolvemento do mesmo, que non suporán sanción ningunha, senón que serán parte do seu traballo á hora de garantir o normal desenvolvemento do evento.
11.2.4. Expulsións: O Xuíz Principal ten a potestade para expulsar a calquera compoñente do equipo ou a persoas do público, se desenvolven un comportamento indebido durante o debate.
O Comité de Competición estudará posibles incidentes ocasionados durante a competición, así como os casos en que se produza unha acumulación de penalizacións, tanto por parte dun equipo como por un dos seus membros, e poderá descualificar a un equipo ou a un participante temporalmente. O seu fallo deberá ser acatado polas partes implicadas.
A Organización resérvase o dereito de expulsión dun equipo da competición se considera que existen causas xustificadas durante o desenvolvemento da Liga de Debate.
11.3 SISTEMA DE DESEMPATE E PUNTUACIÓN
En caso de que se considere como sanción, que un equipo perdeu un debate, a puntuación será de 39 ítems para o contrario. A puntuación para o outro equipo determinarase ao final da fase clasificatoria, obténdose a través da media aritmética dos ítems obtidos no resto dos debates.
En caso de empate entre dous equipos, atenderase aos seguintes criterios:
1º. Maior número de debates gañados
2º. Resultado do enfrontamento directo
3º. Realización dun debate de desempate
En caso de empate entre mais de dous equipo, atenderase aos seguintes criterios:
1º. Maior número de debates gañados
2º. Resultado do enfrontamento directo
3º. Diferenza de Ítems favorables
4º. Menor número de faltas graves
5º. Menor número de faltas leves
6º. Resultado dun debate de desempate
12.1 OBXECCIÓNS
Se un equipo observa que o equipo contrario cometeu algunha infracción durante a súa intervención no debate, poderá comunicarllo ao Xurado por medio do seu capitán. Poderá facelo ao terminar unha intervención ou ao finalizar o debate, e deberá ser informado o capitán do equipo contrario.
Non poderá facerse obxección ningunha unha vez transcorridos dez minutos despois da finalización do debate.
Será o Xurado o que decidirá se estima ou desestima a obxección, e en calquera caso quedará recollida na acta xunto cos motivos de estimación ou desestimación.
12.2 RECLAMACIÓNS FORMAIS
As reclamacións formais poderán ser formuladas polos equipos ata unha hora despois de finalizado o debate, en caso de que estimen que o xurado ou un dos seus xuíces non respectou o regulamento do Torneo, indicando os apartados que foron vulnerados.
Esta impugnación do debate, deberá ser entregada ao Comité de Competición, que tomará unha decisión ao respecto.
Non se aceptarán impugnacións ao veredicto dos xuíces se se respectou o regulamento do Torneo.
Será necesario o pagamento dunha fianza que será devolta se a reclamación prospera. A fianza será de 50 euros en todos os casos.
13. PREMIOS
Existirán dous tipos de premios: premios de oratoria e premios de debate.
13.1 PREMIOS DE ORATORIA:
Concederanse dous premios de oratoria que serán elixidos por votación entre os xuíces. A natureza dos premios farase constar nas Bases de cada edición.
13.2. PREMIOS DE DEBATE:
Concederanse premios ao Subcampión e ao Campión da Liga de Debate. A natureza dos premios farase constar nas Bases de cada edición.
Ademais, os membros dos equipos que disputen a Final recibirán trofeos que os acreditarán como Campións e Subcampións da Liga de Debate segundo corresponda.
O equipo Campión recibirá un Trofeo da Liga de Debate.