

BENVIDA
OBXECTIVOS
TORNEO
- Regulamento
- Bases
- Descargas
- Xuíces
- Participantes
CONSELLOS
- Como formar equipo
- Organización do debate
- O debate
- A Investigación
- Oratoria

Cada equipo defenderá unha postura oposta (A favor ou En contra), pero dentro desta polaridade existen numerosos matices dende os cales o tema pode ser enfocado. A investigación debe desembocar nunha formulación orixinal e certeira, que sexa difícil de rebater por parte do equipo contrario.
Cada equipo debe redactar unha proposición para cada postura, que será a liña central do discurso. É necesario que sexa un enunciado afirmativo, sen contradicións e acorde cos valores sociais.
ESTRUTURACIÓN DAS IDEAS.
A partir desta proposición desenvolverase un esquema que permita presentar os argumentos de forma lóxica e ordenada, relacionando unhas ideas con outras:
Débese ter en conta que demasiada subordinación pode perder incluso ao propio orador, polo que os bloques deben estar ben diferenciados e ter unha estrutura clara.
Estar organizados non so é importante á hora de confeccionar o discurso, senón tamén na exposición de cada idea en concreto. Para cada argumento pode utilizarse o esquema A-R-E (Afirmación- Razoamento- Evidencia), que deixará claro aos xuíces que cada parte do discurso está estudada e documentada convenientemente.
Exemplo:
Afirmación: Debería prohibirse fumar nos lugares públicos
Razoamento: O tabaco é prexudicial para a saúde, tanto do fumador como dos que o rodean.
Evidencia: Segundo o informe da OMS do pasado ano, o número de afectados polo cáncer de pulmón ascende a ……
REDACCIÓN DO DISCURSO.
O discurso tratarase máis profundamente no apartado de oratoria. Aquí simplemente daranse uns consellos para a súa redacción:
Un discurso serve como referencia, pero non debe ser seguido ao pé da letra, xa que carecerá da necesaria adaptación que dará "sabor" ao debate.