menu
liga de debate

BENVIDA

OBXECTIVOS

TORNEO

- Regulamento
- Bases
- Descargas

- Xuíces
- Participantes

CONSELLOS
- Como formar equipo
- Organización do debate
- O debate
- A Investigación

- Oratoria

RESULTADOS

NOVAS

GALERÍA DE IMAXES

VIDEOS

FORO

CONTACTA CONNOSCO

debatee

QUENDAS DO DEBATE


Os debates académicos teñen unha estrutura determinada, que ambos equipos coñecen de antemán e á cal adaptaron o seu discurso. É importante a utilización correcta das quendas para sacar o máximo partido de cada momento do debate.

Sortearase cal dos equipos abrirá o debate e seguirán esta estrutura:

Equipo A Favor
. Exposición inicial: ....................................... 5 minutos.
Equipo En Contra.
Exposición inicial:................................................................... 5 minutos.
AF. Refutación: ..................................................................... 5 minutos.
EC. Refutación: ..................................................................... 5 minutos.
AF. Refutación: ..................................................................... 5 minutos.
EC. Refutación: ..................................................................... 5 minutos.
EC. Conclusións: .................................................................. 3 minutos.
AF. Conclusións: .................................................................. 3 minutos.

Duración Total do Debate ..................................................... 36 minutos.


A EXPOSICIÓN INICIAL:

Cada equipo exporá a súa perspectiva a respecto da cuestión a debater, establecendo as liñas xerais da súa argumentación. A exposición inicial será a primeira referencia que o xurado terá de cada equipo, polo que é moi importante a impresión que se cause con ela. Debe ser amena, que chame e manteña a atención, e ademais o equipo que abra o debate terá a tarefa de eliminar a tensión inicial.

En xeral, a proposición do equipo A Favor consistirá na necesidade de levar a cabo un cambio na situación existente (sobre todo en temas cun condicional no seu enunciado, do tipo: Deberían tomarse medidas para limitar a violencia na programación infantil?), e por tanto deberá poñer de manifesto os motivos que o levan a solicitar ese cambio e propoñer unha alternativa viable para solucionar o problema.

Pola súa parte, o equipo En Contra encargarase de demostrar que a situación existente é a menos prexudicial das posibles. Como veremos máis adiante, tamén pode optar por presentar unha alternativa á resolución establecida no enunciado do tema.

Loxicamente, o contido das exposicións iniciais variará en función do tipo de tema a debater, e da forma en que este estea enunciado, polo que non profundaremos máis neste aspecto.



REFUTACIÓNS:

É o momento de levar a cabo o intercambio de réplicas e contrarréplicas entre os dous equipos.

O obxecto dunha réplica é poñer de manifesto as contradicións nas afirmacións do equipo contrario, as lagoas informativas e en definitiva, demostrar a debilidade das súas teses. Polo contrario, unha contrarréplica buscará fortalecer a propia posición.

Nas quendas de refutacións ambos equipos deben aproveitar para:

CONCLUSIÓNS:

Trátase da última intervención e en moitas ocasións é a quenda na  que se decide o resultado do debate.

Nelas cada equipo deberá:

ARGUMENTOS

Os debates versarán sobre unha cuestión de actualidade polémica, xeralmente de ámbito social. O tema enunciarase en forma de afirmación ou pregunta, que pode estar precedida dun pequeno texto introdutorio.

Poden darse dous tipos de enunciados do tema:

A cada equipo seralle adxudicada por sorteo unha postura. Así, o equipo A Favor (AF), terá que defender que enunciado do tema é a opción que máis se achega á realidade, ou o mellor curso de acción posible con respecto a unha determinada situación, e o equipo En Contra (EC) terá que demostrar o contrario.


ASPECTOS BÁSICOS DA ARGUMENTACIÓN A FAVOR


A tarefa do equipo A Favor é defender a resolución ou a afirmación do tema. Cando o enunciado do tema inclúe un condicional, AF debe demostrar que é necesario que un axente (o goberno, unha institución, etc.) leve a cabo un cambio na súa posición actual a respecto da cuestión que se está tratando.

Neste caso, AF terá que elaborar unha proposta específica para levar a cabo este cambio. Este plan debe presentar vantaxes con respecto á situación actual de xeito que o xurado se convenza de que realmente é necesario un cambio neste sentido.

Para demostrar estas vantaxes, AF debe probar:

ASPECTOS BÁSICOS DA ARGUMENTACIÓN EN CONTRA

EC pode optar por orientar o seu caso cara distintas vías:

Defender o status quo é complicado, debido a que xeralmente todos os participantes no debate queren facer unha achega para mellorar a situación, ademais doutros factores, como por exemplo, o dinamismo do sistema. Sobre todo nos últimos tempos, estar en contra do cambio significa ir contra a marcha natural da sociedade. EC podería argumentar neste caso que a situación actual prevén certos efectos negativos, ou que é preferible ao escenario que resultaría da aplicación da proposta de AF.

Se EC elixe centrar o seu caso no rexeitamento do plan de AF, pode seguir diferentes estratexias:

En caso de ofrecer un plan alternativo, o momento de expoñelo será, loxicamente, despois de que AF teña formulada a súa proposta (xeralmente, nunha das quendas de refutación, aínda que pode ser  na exposición inicial de EC se AF abre o debate e establece desde o principio o seu plan de acción). Trátase dunha proposición do que debe facerse, polo que debe incluír o porqué e o como. Para que este plan alternativo sexa aceptado polo xurado como válido deben darse algunhas condicións:

Xa mencionamos que AF debe establecer as vantaxes do seu plan. A función de EC será entón poñer de manifesto as desvantaxes que traerá, e ademais demostrar que estas superan as vantaxes (isto é: que o resultado final neto é negativo).