menu
liga de debate

BENVIDA

OBXECTIVOS

TORNEO

- Regulamento
- Bases
- Descargas
- Xuíces
- Participantes

CONSELLOS
- Como formar equipo
- Organización do debate
- O debate
- A Investigación
- Oratoria

RESULTADOS

NOVAS

GALERÍA DE IMAXES

VIDEOS

FORO

CONTACTA CONNOSCO

obxectivos

A LIGA DE DEBATE será:


UN PUNTO DE ENCONTRO PARA ESTUDANTES DE TODA GALICIA

  1. Máis de 100 estudantes participarían  como compoñentes dos equipos.
  2. Representantes das 4 provincias da comunidade autónoma galega.


UNHA COMPETICIÓN SEN PRECEDENTES EN GALIZA

  1. Unha actividade con formato deportivo e contido intelectual.
  2. A preparación dos debates ten todos os beneficios dos deportes de equipo, onde os participantes aprenden a asumir responsabilidades e delegar polo ben do conxunto.
  3. Unha actividade clave para a formación integral dos estudantes, na que desenvolvan capacidades útiles para a súa vida académica, profesional e persoal.
  4. Homes e mulleres forman equipo e compiten en igualdade de condicións.


UN FORO SOBRE TEMAS DE ACTUALIDADE

  1. Os debates sempre tratan cuestións polémicas, de interés social e inminente actualidade.
  2. É unha plataforma única para coñecer a opinión da xuventude galega acerca dos problemas da sociedade actual.


UNHA OPORTUNIDADE

  1. Os estudantes terán na Liga de Debate unha oportunidade única para facerse escoitar, demostrar o seu potencial e demostrar que os tópicos acerca do pasotismo da xuventude actual están máis que equivocados.
  2. Os participantes vivirán unha experiencia realmente única fóra das aulas da súa escola, complementando a súa formación ó marxe dos planes de estudo.