menu
liga de debate

BENVIDA

OBXECTIVOS

TORNEO

- Regulamento
- Bases
- Descargas

- Xuíces
- Participantes

CONSELLOS
- Como formar equipo
- Organización do debate
- O debate
- A Investigación

- Oratoria

RESULTADOS

NOVAS

GALERÍA DE IMAXES

VIDEOS

FORO

CONTACTA CONNOSCO

noticias

Luns, 19 de maio de 2008
SILVIA FERNANDEZ NA T.V.G.

O xoves 22 de maio, Silvia Fernández do IES Rosalía de Castro, premio á mellor oradora da I Liga de Debate, participará nun debate sobre un tema de actualidade no programa da TVG "Vivir Aquí" e que se emitirá ás 23.30 horas. Dende a organización da Liga de Debate lle desexamos o maior éxito a este novo programa e a Silvia Fernández.
 

........................................................................

Luns, 21 de abril de 2008
SINXELAMENTE: GRAZAS

A organización da I Liga de Debate agradece a todos os equipos a súa deportividade asi como a sua colaboración para acadar que o torneo fora todo un éxito. Grazas tamén ós capitáns e capitás por entender que non so se trata dun torneo competitivo senón tamén dunha experiencia formativa para os alumnos participantes.
 
Esperamos contar con todos vós o ano que ven, na segunda edición da Liga de Debate.
 

........................................................................

Luns, 14 de abril de 2008
CAMBIOS NO REGULAMENTO E PUBLICACIÓN DO SISTEMA DE COMPETICIÓN

Logo da xuntanza de xuíces e xuízas da que se dá conta na nova do pasado sábado, observouse a necesidade de levar a cabo unhas modificacións no regulamento que afectan aos apartados 4.3.5, 7.1, 10.2 e 11.2.3. Todas elas atópanse subliñadas no texto.

Asemade, a tal e como consta no Regulamento, a Organización publica o Sistema de Competición trala inscrición dos equipos, na que se detallan as fases que conforman a Liga e como se producen as clasificacións.

Regulamento actualizado

Sistema de Competición

........................................................................

Sábado, 12 de abril de 2008
REUNIÓN DE XUÍCES E XUÍZAS

O pasado sábado 5 de abril reuníronse os membros do equipo de Xuíces no Colexio Maior San Clemente co gallo de unificar criterios na difícil labor de avaliar o desenvolvemento dos debates que a vindeira semana comezan. A Organización aproveita para agradecerlles a participación nela considerando o esencial papel que xogarán durante o torneo.

Máis abaixo preséntanse unha instantánea do momento.

foto dos xuíces

........................................................................

Venres, 11 de abril de 2008
4ª XORNADA DE DEBATES PREVIOS: 12 DE ABRIL. IES Vilar Ponte - IES Xoán Montes

A organización informa da celebración dunha nova xornada de debates previos ao Torneo.

O sábado 12 de abril enfrontaranse o IES Vilar Ponte (Viveiro) e o IES Xoán Montes (Lugo) nas instalacións do primeiro ás 16 horas. Ánimo a todas e todos. Entramos na recta final!!

........................................................................

Xoves, 10 de abril de 2008
CARTA AOS CAPITÁNS E ÁS CAPITÁS

Logo de realizar os debates previos, a organización considera oportuno facer unhas últimas recomendacións aos capitáns e capitás que se detallan no seguinte arquivo en pdf:

Carta aos capitáns e capitás

........................................................................

Luns, 7 de abril de 2008
3ª XORNADA DE DEBATES PREVIOS: 9 DE ABRIL. IES Vilar Ponte - IES San Rosendo

A organización informa da celebración dunha nova xornada de debates previos ao Torneo.

Nesta xornada enfrontaranse, o mércores 9 de abril, o IES Vilar Ponte (Viveiro) e o IES San Rosendo (Mondoñedo) nas instalacións deste último ás 11 horas.

........................................................................

Xoves, 3 de abril de 2008
INFORMACIÓN ACERCA DO ALOXAMENTO

A organización informa que os equipos participantes se aloxarán na "CIDADE DE VACACIÓNS MONTE DO GOZO". Cada equipo contará con dúas habitacións dobres e unha individual e deberán hospedarse na tarde do xoves 17 de abril.

Haberá servizo de bus a cargo da organización para que os equipos poidan desprazarse desde o hotel ata o Multiúsos do Sar (Sede dos debates) e viceversa.

Tal e como consta no cronograma da competición, lembrámosvos que o xoves 17 de abril se realizará o acto inaugural e o sorteo dos equipos ás 20.30h.

........................................................................

Mércores, 2 de abril de 2008
PETICIÓN DE BAIXA DO IES CONCEPCIÓN ARENAL (FERROL)

A organización transmite a BAIXA por decisión propia do equipo que representaba ao IES Concepción Arenal de Ferrol, motivo polo que comunica a incorporación do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.

........................................................................

Martes, 1 de abril de 2008
2ª XORNADA DE DEBATES PREVIOS: 5 DE ABRIL. IES de MELIDE - IES XOÁN MONTES

A organización informa da celebración dunha nova xornada de debates previos ao Torneo para preparar aos equipos na técnica do debate de competición antes de que participen na I Liga de Debate.

Nesta xornada enfrontaranse, o sábado 5 de abril ás 11.30 horas no IES de Melide, o IES de Melide contra o IES Xoán Montes de Lugo.

O debate, ao igual que durante a I Liga de Debate, será aberto ao público e contará coa presenza de membros da organización para asesorar e aconsellar aos equipos, polo que os capitáns que o desexen poden asistir e aproveitar para recibir "in situ" consellos e aclaracións das súas dúbidas.

......................................................................

Luns, 31 de marzo de 2008
A LIGA DE DEBATE NA PRENSA

Con motivo da celebración da 1º xornada de debates previos ao Torneo na que, o sábado 29 de marzo se enfrontaron o IES de Zalaeta contra o Colexio Fogar Santa Margarita e o IES de Zalaeta contra o IES de Melide, a prensa visitounos e deixou conta dunha nova á que podedes acceder a través deste enlace:
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008033000_8_177764__SOCIEDAD-bachareles-debutan-atril

........................................................................

Venres, 28 de marzo de 2008
CRONOGRAMA DA COMPETICIÓN

A continuación preséntase un cronograma no que se detallan datas e horarios dos encontros e explícase o sistema do sorteo de equipos. Este é un documento no que unicamente se dan pormenores da competición. O programa xeral do evento entregarase na xornada inaugural.

CRONOGRAMA.pdf

........................................................................

Xoves, 27 de marzo de 2008
DEBATES PREVIOS: SÁBADO, 29 DE MARZO

A organización informa da celebración da 1º xornada de debates previos ao Torneo. Estas xornadas perseguen preparar aos equipos na técnica do debate de competición antes de que participen na I Liga de Debate.

Nesta xornada enfrontaranse, o sábado 29 de marzo no IES Menéndez Pidal de Zalaeta (A Coruña), o IES de Zalaeta contra o Colexio Fogar Santa Margarita ás 11.00 horas, e o IES de Zalaeta contra o IES de Melide ás 12.30 horas.

Os encontros, ao igual que ocorrerá na I Liga de Debate, serán abertos ao público e contarán coa presenza de membros da organización para asesorar e aconsellar aos equipos, polo que os capitáns que o desexen poden asistir e aproveitar para recibir "in situ" consellos e aclaracións das súas dúbidas.

........................................................................

Sábado, 15 de marzo de 2008
ANUNCIO DOS EQUIPOS PARTICIPANTES

Cumprindo cos prazos establecidos nas bases do Torneo, a organización da I Liga de Debate fai pública a día de hoxe a listaxe dos 24 equipos que participarán no evento. Podes acceder a ela a través da sección "PARTICIPANTES".

........................................................................

Mércores, 12 de marzo de 2008
UTILIDADES PARA OS ADESTRAMENTOS

A organización da I Liga de Debate pon a disposición dos equipos o programa informático que se empregará no torneo para efectuar a cronometraxe. A finalidade é que, aqueles que queiran, poidan adestrar os tempos das roldas de intervención. Podedes comunicarnos as vosas dúbidas no noso correo habitual: ligadedebate@hotmail.com.

CRONO.zip (112 kb)

........................................................................

Xoves, 28 de febreiro de 2008
PUBLICADA A LISTAXE DE XUICES

A organización da I Liga de Debate fai pública a composición do Equipo de Xuices e Comité de Organización.

........................................................................

Martes, 26 de febreiro de 2008
IMPORTANTES NOVAS NA ORGANIZACIÓN

Dende a organización da I Liga de Debate queremos organizar unha rede de contactos entre capitáns dos equipos para facilitar a realización de debates previos ó torneo.
 
A finalidade destes debates consiste en que os rapaces se habituen á técnica do debate de competición e a perder o medo a falar en público. A estes debates asistirá o director da Liga de Debate, Santiago Martínez Suárez para aconsellar ós equipos sobre a técnica empregada polos equipos nos debates, sen entrar a valorar o resultado, e moito menos dar por vencedor a un ou outro equipo. Polo tanto estes debates teñen unha finalidade didáctica e para nada competitiva.
 
Estes debates poderán celebrarse nas seguintes datas:
 
15 e 16 de marzo
22 e 23 de marzo
29 e 30 de marzo
5 e 6 de abril
12 e 13 de abril
 
A sede dos debates será acordada polos capitáns dos diferentes equipos participantes, polo que se procederá a organizar estes debates baixo criterios de cercanía xeográfica entre os equipos.
 
A organización da I Liga de Debate procederá a poñer en contacto ós capitáns e a mediar entre eles para lograr as datas e sede dos debates.
 
Os capitáns interesados deberán proceder a enviar un email a ligadedebate@hotmail.com indicando o equipo ó que pertencen, e un teléfono de contacto.

........................................................................

 

Xoves, 21 de febreiro de 2008
PRESENTACIÓN OFICIAL DA I LIGA DE DEBATE

O Director Xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, presentou hoxe a I Liga de Debate. Destacou que se trata "dunha competición sen precedentes no país, unha actividade con formato deportivo e contido intelectual na que formarán parte máis de 100 estudantes de todo o país, o que o converterá nun punto de encontro para mozos e mozas de toda Galiza". Segundo o director xeral de Xuventude, trátase dunha actividade clave para a formación integral dos estudantes, na que poderán desenvolver capacidades útiles para a súa vida académica, profesional e persoal.

 

O director xeral nun momento da presentación

.......................................................................

 

Martes, 19 de febreiro de 2008
NOVA CONTA DE CORREO

Dende o pasado xoves estamos a sufrir unha continua inestabilidade dos sistemas informáticos. Esto provoca grandes lapsus de comunicación entre a Organización e todos aqueles centros que precisan a información da web ou a solicitan vía correo electrónico. Por tal motivo, habilitamos unha nova conta de correo:

ligadedebate@hotmail.com

Pregamos as nosas máis sinceras desculpas e lle solicitamos a todas aquelas persoas que se intentaran comunicar connosco a semana pasada, que REPITAN OS SEUS ENVÍOS DE CORREO. Grazas.

........................................................................

 

Luns, 18 de febreiro de 2008
NOVAS ANIMACIÓNS

Dende hoxe, a web inclúe dúas novas animacións: o anuncio do tema e a explicación visual do noso logo. ¿Non queres velas?

Anuncio do tema
Explicación do logo

........................................................................

 

Venres, 15 de febreiro de 2008
PROBLEMAS TÉCNICOS

Nas pasadas 48 horas sufríronse problemas técnicos no servidor, motivo polo que pedimos desculpas debido aos trastornos causados.

........................................................................

 

Xoves, 14 de febreiro de 2008
ANUNCIO DO TEMA

O tema que cada equipo deberá defender A FAVOR ou EN CONTRA en cada encontro en función do resultado do sorteo, ser:á:

¿DEBE PRIMAR A SEGURIDADE PÚBLICA FRONTE ÁS LIBERDADES INDIVIDUAIS?

..................................................................................

 

Martes, 12 de febreiro de 2008
O organización facilita o traballo dos/as capitáns/ás.

Conscientes da dificultades engadidas que poder ter a primeira edición dun evento destas características pola ausencia de referentes previos, a Organización pretende axudar na súa laboura de preparación de debates e oradores aos e ás capitáns/ás dos equipos participantes a través duns consellos orientativos que poñemos a disposición no seguinte documento:

CONSELLOS XERAIS

..............................................................

 

Luns, 11 de febreiro de 2008
O organización da Liga dá acceso ao caderno coas follas de composición do equipo

Tal e como consta nas bases da Liga, a organización dá acceso ao caderno coas Follas de composición do equipo nas seccións BASES e TORNEO. Non embargantes, convén recordar que dito documento non se cumplimentará ata que cada equipo teña a confirmación oficial de asistecia ao evento.

..............................................................

 

Sábado, 9 de febreiro de 2008
Xa se pode descargar a folla de inscrición

A organización da Liga dá acceso á folla de inscrición nas seccións BASES e TORNEO

Data de anuncio do tema

 
Tal e como consta nas bases da Liga, nesta sección darase a coñecer o 14 de febreiro de 2008 o tema sobre o cal terán que investigar e debater os equipos participantes na I Liga de Debate.

..............................................................

 

Venres, 8 de febreiro de 2008
A organización da Liga confirma os premios anunciados

- Equipo campión: unha viaxe dunha fin de semana ao Parque Warner Bros en Madrid e un ordenador portátil para cada integrante do equipo
- Equipo finalista: unha videoconsola para cada integrante do equipo
- 1º mellor orador: unha cámara fotográfica dixital de 8 megapíxeles
- 2º mellor orador: un reprodutor Mp4 de 4 Gb
- 40 alumnos de bacharelato do centro ao que pertenza o equipo gañador, terán unha viaxe dunha fin de semana ao Parque Warner Bros en Madrid

..............................................................

 


Xoves, 7 de febreiro de 2008
Iniciase o prazo de preinscrición dos equipos
 
Có envio de información vía email e o reparto do material informativo da I Liga de Debate a todos os centros de ensino de Galicia, iniciouse o prazo de preinscrición de equipos participantes.
 
Tal e como se estabrece nas bases xerais do torneo, nesta primeira edición haberá 24 prazas, en ditas bases explícase o procedemento de inscrición, ainda que aproveitamos para recordarvos que as prazas otorgaranse ós 24 primeiros centros que se preinscriban chamando ós teléfonos da Dirección Xeral de Xuventude, 981 545 822 e 981 541 688 antes do 15 de marzo de 2008, os equipos que se preinscriban unha vez concedidas as 24 prazas entrarán a formar parte dunha lista de espera.

..............................................................