

BENVIDA
OBXECTIVOS
TORNEO
- Regulamento
- Bases
- Descargas
- Xuíces
- Participantes
CONSELLOS
- Como formar equipo
- Organización do debate
- O debate
- A Investigación
- Oratoria

Ao longo de toda a web, ves enlaces a diferentes documentos. Nesta sección recopílanse todos eles.
IMPORTANTE: se tiveras problemas para efectuar a descarga, solicita os documentos a través do seguinte correo electrónico: ligadedebate@hotmail.com (NOVA DIRECCIÓN).
........................................
Cando vexas este símbolo
terás acceso directo ao documento en formato .doc (Word)
Cando vexas estoutro poderás descargalo en PDF (Acrobat) ![]()
........................................
CARTA AOS CAPITÁNS E CAPITÁS
Logo de realizar os debates previos, a organización considera oportuno facer unhas últimas recomendacións aos capitáns e capitás que se detallan no seguinte arquivo en pdf:
CRONOGRAMA DA COMPETICIÓN
Máis abaixo preséntase un cronograma no que se detallan datas e horarios dos encontros e explícase o sistema do sorteo de equipos. Este é un documento no que unicamente se dan pormenores da competición. O programa xeral do evento entregarase na xornada inaugural.
CRONO
A Liga pon a disposición dos equipos o programa informático que se empregará no torneo para efectuar a cronometraxe. A finalidade é que, aqueles que queiran, poidan adestrar os tempos das roldas de intervención.:
NORMATIVA
A Primeira Liga de Debate réxese polas seguintes normas básicas de imprescindible coñecemento:
INSCRICIÓNS
Tal e como consta no punto 1.1 das bases da Liga, os equipos interesados en participar deberán comunicar primeiramente a súa intención de preinscribirse, por vía telefónica no 981 545 822 e 981 541 688 antes do 15 de marzo de 2008. Posteriormente, e unha vez adxudicado ao centro unha ou dúas das 24 prazas, este deberá enviar por correo certificado á Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade a folla de inscricion antes do 1 de abril de 2008, debidamente cuberta e co selo do centro de ensino.
Igualmente, como consta no apartado 1.2 das bases de participación, todos os equipos deberán remitir por correo certificado á Dirección Xeral de Xuventude, a súa folla de composición de equipos debidamente cuberta antes do 10 de abril do 2008.
CONSELLOS
Conscientes da dificultades engadidas que poder ter a primeira edición dun evento destas características pola ausencia de referentes previos, a Organización pretende axudar na súa laboura de preparación de debates e oradores aos e ás capitáns/ás dos equipos participantes a través duns consellos orientativos que poñemos a disposición no seguinte documento: