

BENVIDA
OBXECTIVOS
TORNEO
- Regulamento
- Bases
- Descargas
- Xuíces
- Participantes
CONSELLOS
- Como formar equipo
- Organización do debate
- O debate
- A Investigación
- Oratoria

COMO FORMAR UN EQUIPO
O CAPITÁN
É unha persoa designada polo Centro, que desempeñará as funcións de adestrador, asesor e representante do equipo de cara á Organización da Liga de Debate. O capitán pode ser un profesor, ou un P.A.S.
Algunhas das funcións que deberá asumir o capitán serán:
- orientar ao seu equipo na preparación do debate
- coordinar o traballo de todo o equipo
- definir a estratexia a adoptar durante o debate
Na maioría dos casos, ademais de todo o anterior, o capitán será o encargado de formar o equipo e de escoller as persoas que disputarán cada debate, polo que debe tomar as súas decisións cos criterios máis obxectivos que poida.
NÚMERO DE PERSOAS
O Regulamento da Liga de debate fixa en tres persoas o número mínimo de persoas que cada equipo pode inscribir e cinco como máximo.
Agora ben, estas persoas non teñen que estar soas na preparación dos debates. É mais, é conveniente contar con máis persoas dentro do equipo que axuden a realizar os labores de investigación, a preparar os debates, etc. Trátase da REDE DE COLABORADORES. Pode tratarse de profesores, alumnos que non dispoñen de tempo necesario pero que poden prestar a súa axuda ao equipo nas tarefas de investigación, achegando puntos de vista, etc.
PERFIL DOS PARTICIPANTES
Para formar parte dun equipo participante na Liga de Debate son necesarias dúas calidades principalmente: interese e ganas de traballar. Calquera persoa que estea disposta a achegar o seu esforzo a favor do grupo e implicarse no proxecto será de seguro benvida en calquera equipo.
Son diversas as tarefas necesarias na preparación dos debates, e non serán iguais as calidades necesarias para o desenvolvemento dunhas ou outras. En ocasións, os roles xorden de forma espontánea e cada persoa asume a tarefa que mellor desempeña. Porén, é labor do capitán buscar persoas cunhas aptitudes especialmente indicadas para levar a cabo unha función determinada.
Así, por exemplo:
Para a ORATORIA son necesarias:
- Dotes de comunicación e facilidade de palabra.
- Espontaneidade e capacidade de improvisación.
- Forte autocontrol para dominar os nervios.
- Carisma.
- Etc.
En canto á INVESTIGACIÓN:
- Paciencia.
- Capacidade de abstracción.
- Capacidade de síntese.
- Orde.
- Etc.