

BENVIDA
OBXECTIVOS
TORNEO
- Regulamento
- Bases
- Descargas
- Xuíces
- Participantes
CONSELLOS
- Como formar equipo
- Organización do debate
- O debate
- A Investigación
- Oratoria

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da súa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convoca a I Liga de Debate, que ten por obxecto fomentar entre os estudantes galegos o diálogo e a confrontación de ideas en público como exercicio de convivencia e de desenvolvemento de habilidades persoais tales como a busca de información, a expresión oral, o traballo en equipo, o respecto e a tolerancia.
A Liga de Debate baséase na celebración dunha serie de debates entre os equipos presentados, de xeito semellante a unha liga deportiva.
Un debate de competición consiste na confrontación de argumentos por parte de dous equipos que interveñen, un a favor e o outro en contra, sobre un tema elixido pola organización e de acordo con certas limitacións de tempo e de forma.
Nesta I Liga de Debate, poderán participar todos os institutos e centros de ensino de Galicia, podendo inscribir un máximo de dous equipos por centro.