

BENVIDA
OBXECTIVOS
TORNEO
- Regulamento
- Bases
- Descargas
- Xuíces
- Participantes
CONSELLOS
- Como formar equipo
- Organización do debate
- O debate
- A Investigación
- Oratoria

DESCARGAS
Se desexas descargar o documento completo, preme no seguinte enlace:
Se desexas obter a folla de inscrición ou o caderno coas follas de composición do equipo, preme no enlace correspondente:
Folla de composición de equipo
![]()
.............................................................
IMPORTANTE: se tiveras problemas para efectuar a descarga, solicita os documentos a través do seguinte correo electrónico: info@ligadedebate.com
.............................................................
BASES XERAIS DO TORNEO
1.- Prazas, inscrición e prazo
2.- Temas
3.- Procedemento da Competición
4.- Composición dos equipos
5.- Idioma
6.- Premios
7.- Aloxamento e manutención
8.- Normas Xerais
Nesta primeira edición da Liga de Debate poderán inscribirse un total de 24 equipos, as prazas cubriranse por orde de inscrición e de exisitir un maior número de inscricións, daráselle a praza aos seis primeiros centros inscritos de cada provincia, completándose desta maneira as 24 prazas.
Cada instituto poderá inscribir 2 equipos, pero no caso de que as inscricións excedan o número de prazas ofertadas, finalmente só poderán inscribir un equipo.
1.1. INSCRICIÓN
Os equipos interesados en participar na I Liga de Debate deberán comunicar primeiramente a súa intención de preinscribirse, por vía telefónica no 981 545 822 e 981 541 688 antes do 15 de marzo de 2008, posteriormente, e unha vez adxudicado ao centro unha ou dúas das 24 prazas, este deberá enviar por correo certificado á Direción Xeral de Xuventude e Solidariedade a FOLLA DE INSCRICIÓN antes do 1 de abril de 2008, debidamente cuberta e co selo do centro de ensino.
1.2. PRAZO
Todos os equipos deberán remitir por correo certificado á Dirección Xeral de Xuventude, a súa folla de composición de equipos debidamente cuberta antes do 10 de abril do 2008. Esta folla de composición de equipos poderase enviar xunto coa FOLLA DE INSCRICIÓN.
Tanto a folla de Inscrición como a folla de composición de equipos levarán o selo do centro e poderanse descargar dende a páxina oficial do torneo:
www.ligadedebate.com e www.xuventude.net
Xunto coa folla de composición de equipos enviarase a seguinte documentación:
- Fotografía e fotocopia da matrícula ou certificado de matriculación dos alumnos participantes.
A documentación enviarase a:
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade
Edif. Administrativo San Caetano, bloque 3-1º
15781 Santiago de Compostela
Os debates sempre versarán sobre temas controvertidos e de actualidade.
Esta información farase pública o 14 de febreiro de 2008 na páxina web da Liga de Debate.
3.- PROCEDEMENTO DA COMPETICIÓN
A competición constará de preliminares, cuartos de final, semifinais e final. (Este formato poderá variar segundo número final de participantes).
Terá lugar no Multiusos Fontes do Sar en Santiago de Compostela, os días 18, 19 e 20 de abril de 2008.
4. COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS
O equipo de debate estará composto por catro debatentes e un capitán. Dos catro debatentes, dous actuarán como oradores e dous como investigadores. Estas funcións poderán variar dun debate a outro. En todo debate será imprescindible a presenza dun mínimo de dous oradores e o capitán para a celebración do debate.
Polo tanto, tamén poderán inscribirse equipos compostos como mínimo, de capitán e dous oradores.
É requisito indispensable que os equipos sexan mixtos, contando con representación de ambos os sexos. Na composición dos equipos garantirase a paridade, de xeito que a diferenza entre ambos os sexos non sexa superior a un.
5. IDIOMA
O idioma durante os debates será o galego.
6. PREMIOS
- Equipo campión: unha viaxe dunha fin de semana ao Parque Warner Bros en Madrid e un ordenador portátil para cada integrante do equipo
- Equipo finalista: unha videoconsola para cada integrante do equipo
- 1º mellor orador: unha cámara fotográfica dixital de 8 megapíxeles
- 2º mellor orador: un reprodutor Mp4 de 4 Gb
- 40 alumnos de bacharelato do centro ao que pertenza o equipo gañador, terán unha viaxe dunha fin de semana ao Parque Warner Bros en Madrid
7. ALOXAMENTO E MANUTENCIÓN
O aloxamento, almorzo, xantar e cea, correrán a cargo da organización da Liga de Debate. O lugar de aloxamento comunicarase na web do torneo.
8. NORMAS XERAIS
Todos os equipos deberán cumprir co establecido no Regulamento da Liga de Debate; o dito regulamento será enviado aos equipos inscritos e poderase consultar na páxina web do torneo.